Literatura, libros, letras

Sam Savage: Firmin


Este é Sam Savage

A reputación que ten a editorial Seix Barral entre os lectores non vén da nada, teñen un gran talento para detectar a calidade á hora de escoller o que publican. E por isto nos trouxeron a Sam Savage.

O éxito de Firmin foi toda unha mostra de como funciona o boca a boca, da rendición do público á calidade. É un libro estupendo para regalar case a calquera, para bibliófilos é un triunfo asegurado.

“Lo que bien se come, bien se lee.”

Firmin é a historia dun ser ó que os instintos alimenticios máis primarios levan a botarlle a boca -desesperadamente- ós libros.  Pero a boca está tan preto dos ollos… e o amor entra a través dos sentidos sen que se queira, sen esperalo, incluso aínda que se opoña resistencia. E así esta toma de contacto derivará nunha relación apaixoada e irremediable.

Cito:


“¿Oigo risitas? Supongo que a ojos de usted, esto es más bien un vulgar caso de adicción, o quizá el cuadro sintomático de un lamentable desorden obsesivo-compulsivo, y sin duda que acierta. Y, sin embargo, el concepto de adicción no es lo suficientemente rico, lo suficientemente profundo, para describir esta hambre. Yo preferiría llamarlo amor. Incipiente quizá, pervertido incluso, sin duda no correspondido, pero, así y todo, amor.”

O libro perfecto!!

marcapáxinas recto
marcapáxinas verso
Imaxes tiradas de: blog.editorialcm.es, lalibreriadejavier.com, coverbrowser.com, theassylum.wordpress.com, 123nonstop.com.
Advertisements
Estándar
Literatura, libros, letras

Jacques Bonnet: Bibliotecas llenas de fantasmas.


Libros, porque… acaso hai algo máis importante neste mundo?

Hoxe rematei un libriño que está bastante ben, deses que serven para reafirmarse nas teimas bibliófilas, porque se hai libros dedicados ó tema isto xa é palabra del Señor e temos que rendernos ó poder ilustrativo -e tamén ó peso, forma e volume- deses pequenos seres con tacto de papel -os meus bebés!

BIBLIOTECAS LLENAS DE FANTASMAS, Jacques Bonnet.


Un libro simpático e que se le rápido, con anécdotas e teorías en torno ó mundo da bibliofilia. Con moitas referencias moi útiles para atopar novos libros que mercar para tapa-las paredes.
Se non se ten auténtico entusiasmo polos libros millor nin miralo.
Estándar