Artes varias: Ilustración,Literatura, libros, letras

1 2 3 poesía


Xa o dicía Oscar Wilde que ás veces poden pasar anos sen vivir en absoluto e, de súpeto, nun instante, concéntrase a vida. Pois cos libros e o cine pasa o mesmo, poden pasar tempadas sen ver nada impactante e logo dar con varias obras moi boas nun curto intervalo de tempo. Isto pasoume coa poesía, que admito que estaba moi desconectada dela pero casualidades varias acabaron guiándome a un feliz reencontro.

Dous libros son os que quero destacar neste post, en deles é Dessert Storm, escrito por Laura Luna, que trata sobre a deshumanización na violencia, pero cunha visión delicada e libre de cursilerías que vos vai cativar. Ademais é ideal para regalar porque é unha edición trilingüe galego-catalán-castelán. Cómpre destacar o formato pequeno e cadrado do libro, coma unha pequena xoia, acorde cunha maquetación máis que acertada e unhas fotografías dun corpo humano con pezas de “xogos” de guerra. Toda a parte visual corresponde é enxeño de José María Picón, artista do deseño e a ilustración, visionario en xeral. Por certo, que xa esgotaron a primeira edición..


dessert storm

Tédelos no facebook, e podedes botarlle un ollo no issuu.

E o outro libro é Emily on the Road, escrito por Ramón Blanco, ilustrado por Manuel M. Reino  e editado por Acha Escrava. Non é un poemario senón un único poema longo, no que nos conta a historia dun percorrido, “unha mestura de road movie e enterro aldeán“.  Cunha habilidade exquisita, homenaxeando a cada paso os máis grandes clásicos, que será unha delicia de lectura para os moi bibliófilos.

Para a promoción fixeron unha xira moi interesante, con representación acústica de Pablo Sax, un espectáculo -falo con coñecemento de causa- digno de ver.

Advertisements
Estándar
Literatura, libros, letras

Vida, Verdade e Virginia escríbense con “V”.


Non sei se mencionei nalgún post anterior a miña incondicional devoción por Virginia Woolf e o meu interese por todo canto a rodea, en especial o grupo de Bloomsbury. O tema é que Virginia é unha desas grandes xenialidades da historia da literatura, das que podes coller un libro seu e abrilo por unha páxina ó chou e comezar a ler e quedar inmediatamente cautivada polo seu virtuosismo innegable. Atrápate de tal modo no seu emprego das palabras que a vida toma, incluso, outro nivel de consciencia. É como se se presentase ante ti “A Verdade”. E aínda que eu adore a súa técnica non é só a forma dos seus escritos o que a fai inmensa.

Supoño que hai a quen non lle gusta, pero para min ler a Virginia é algo superior, ten un carácter curativo sobre a miña natureza xa de por si enfermiza. A súa lectura convértese nalgo íntimo e reconfortante, unha aposta segura pola Vida. 


Mais o libro do que quería falar non foi escrito por Virginia senón por Angelica Garnett, que é a filla de Vanessa Bell, irmá de Virginia -o apelido de solteiras das dúas é Stephen. A autora non se dedicou profesionalmente á literatura senón que fixo esta obra xa na última parte da súa vida coma un exercicio de compilación, de recoñecemento, de aceptación, expiación, reconciliación e exorcismo. Tras unha vida máis que complexa, nun entorno excepcionalmente privilexiado a nivel intelectual e artístico, Angelica acaba facendo fronte dunha forma moi valente a toda a equipaxe que foi carrexando e que eivou a súa saúde emocional. A observación, a xustiza e a crúa afectividade son as pautas dun texto tan honesto e sabio que moito lembra á introspección tan propia da súa tía Virginia. E alguén dirá “introspección? Virginia?” porque hai quen cre que só o lirismo máis intimista ten relación cos nosos sentimentos, pero eu renego diso. O autocoñecemento pouco ten que ver coa poética da química da erótica e a necesidade, máis ben será un exercicio que cómpre facer a soas e co debido tempo e espazo. Unha práctica case ascética para a que se precisa unha honestidade imposible de atopar nas redes de cruel e interesada apropiación indebida. Á fin son as resacas duns vínculos interpersoais enfermizos o que nos leva á incapacidade emotiva e a encadear erros demasiado humanos un tras doutro, coma nunha fuxida cara á diante na que só nos espera a morte e a mentira.

E é a mentira case o motor do libro de Angelica, do que acertaron de pleno na escolla do título en español “Una mentira piadosa” (o orixinal en inglés é Deceived with Kindness). A mentira como incapacidade para facelo mellor, incluso cando as intencións son -en orixe- boas; a mentira como o que nos distancia dos demáis e de nós mesmos, descoñecéndonos; a mentira coma o que nos quita a vida, porque fuxir non é o que fan os vivos. Pero Angelica á fin, deixounos esta marabilla, e coido que debeu vivir máis tranquila o resto dos seus días, pode que máis viva e consciente do que estivera nunca antes, pero isto xa é especulación (especulación da optimista, da que pensa que todo se ve mellor despois de abrir os ollos).

Este post vai especialmente dedicado, con todo o cariño do mundo, desde o recuncho máis remoto e escuro do meu pequeno corazón, á miña persoa favorita, a que me recomenda os libros máis adecuados do mundo, a que saca luz de onde eu xa pensaba que non había, C.V.B.

Estándar
Artes varias: Ilustración,Literatura, libros, letras

Non é nova a miña devoción nin polo terror nin pola ilustración.

Cando descubrín o Poe de Alberto Vázquez -escrito por Sierra i Fabra e publicado en Zorro Rojo- quedei atónita, é un libro absolutamente marabilloso – aínda que iso xa o comentei no seu día no blog irmán deste.

Tamén de terror ten publicado en Astiberri La sombra sobre Innsmouth, pero ese está aínda na cola de espera do meu inabarcable feixe de libros… (mirade que bonitos os animaliños mariños cheos de dentes).

Estes días pasados andiven co Evangelio de Judas e con Psiconautas -ambos en Astiberri- e non teñen desperdicio…  Debo dicir que me rin moito-moito con eles. E o autor ten unha técnica brillante, a súa lucidez e honestidade son brutais e cando escribe é capaz dun emprego da linguaxe moi agudo, algo que non moitos debuxantes conseguen ó redactar.

Baseada en Psiconautas fíxose a curta Birdboy, que foi candidata ós Oscars o ano pasado, podedes ver o tráiler aquí. Eu aínda non a vin, pero seguro que é deliciosa. Non caerá polo Cineuropa? Iso estaría ben…

E xa vou calando e vos deixo unhas cantas imaxes para que gocedes como Cthulhu manda.


Isto é só un petisco, espero que o disfrutarades e teñades ganas de máis. Atoparedes máis info sobre Alberto Vázquez aquí e aquí.

E podedes comentar as súas obras en Redelibros: Psiconautas, El evangelio de Judas, Poe, La sombra sobre Innsmouth e Hop Frog.

Alberto Vázquez, brillante e polivalente

Aparte
Literatura, libros, letras

Imre Kertész: Kaddish por el hijo no nacido


Desafortunadamente, e por motivos alleos á súa evidente calidade literaria, hai varios anos que me distanciei de Kertész. Daquela incomodáronme unhas declaracións que lle lin nunha entrevista sobre a súa visión do conflicto Israel-Palestina. Deixei sen rematar “Liquidación” e iso que estaba gustándome moito pero é que eu era máis nova do que o son agora e hai tanto que aprender nesta vida… Reconciliarme co marabilloso talento de Kertész á marxe das nosas opinións en canto a política é unha materia pendente, e teño un bo feixe de nomes de autores xudeus na lista de libros a ler -debo dicir que a recomendación é dunha fonte cun criterio de calidade incuestionable.

Kertész é un escritor hábil, virtuoso, impactante. Ten unha biografía marcada pola traxedia e iso cálcase en cada palabra que emprega. A realidade atroz vólvese unha voz narrativa dura e contundente, variante, cuestionada, perdida, sen destino. A realidade da vida -sic-, que se volve intragable, que sedimenta no ánimo, que nos convirte nun interrogante, nun anaco de desamparo, de desarraigo. De tan duro que é que nos cuestionamos, que o narrador en si acaba comportándose coma un oxímoron. Por que sobrevivimos e que somos? E agora que pasa?

“(…) por medio de la escritura busco el dolor, el dolor más intenso, casi insoportable, seguramente porque la verdad es dolor, y la respuesta a la pregunta sobre qué es el dolor (…) es muy sencilla: la verdad es lo que consume.”

 
Estándar
Artes varias: Ilustración,Literatura, libros, letras

Aubrey Beardsley: La historia de Venus y Tannhäuser.




Con grandes doses de disparate e erotismo. Aubrey déixanos este gran libro, plagado de ilustracións -algunhas feitas para el e outras que foron engadidas, por exemplo algunhas que fixo para a obra Salomé de Oscar Wilde. 


La historia de Venus y Tannhäuser é a única obra que Aubrey Beardsley escribiu e está inacabada -morreu con só 25 anos- pero que legado!
Podedes atopalo en Hiperión

“¡Tannhaüser, pálido y sin habla por la excitación, pasó de manera brutal sus dedos ceñidos de gemas sobre los miembros divinos, rasgando camisa, calzón y medias, y luego, desnudándose él mismo de sus escasas prendas, cayó sobre la espléndida señora aliento profundo!.


Sé que es costumbre de todos los autores de romance pintar héroes que puedan dar sobrada prueba de su valentía a la dama, al menos veinte veces por noche. Pero Tannhaüser tenía semejante facilidad Gargantuélica y se sintió no poco aliviado cuando, una hora después, Priapusa, Doricourt y otros, irrumpieron borrachos en la habitación y reclamaron a Venus para ellos. Pronto el templete se llenó de una multitud ruidosa que apenas se podía mantener en pie. Algunos de los actores estaban allí y Lesfesses, que había interpretado tan brillantemente a Fanfreluche y todavía iba maquillado, le prestó una gran atención a Tannhaüser. Pero el actor le pareció al caballero poco interesante fuera del escenario y se levantó y cruzó la habitación hacia donde Venus y la manicura estaban sentadas.

– Qué aspecto tan cansado tiene el niñito- dijo Priapusa- ¿Lo pongo en su cunita?
– Bueno, si está tan dormido como yo, – bostezó Venus – no puedes hacer nada mejor.
Priapusa levantó a su señora de las almohadas y la llevó en sus brazos de manera agradable y maternal.
– Vamos niños, – dijo aquella cosa vieja y gorda – vamos, ya es hora de que ambos estéis en la cama.” (páxinas 115-116).




Imaxes tiradas de: 
edgarducasse.blogspot.com, victorianweb.org, wormfood.com, loyno.edu, babylonbaroque.wordpress.com.

Estándar
Literatura, libros, letras,Mundo antigo: Grecia

Roberto Calasso: Las bodas de Cadmo y Harmonía


De cómo Zeus, en forma de toro blanco, raptó a la princesa Europa; Teseo abandonó a Ariadna; Dionisio violó a Aura; Apolo fue siervo de Admeto, por amor; el simulacro de Helena apareció, junto al de Aquiles, en la isla de Leuké; Penélope conquistó a Hipodamía; Corónide, preñada por Apolo, lo traicionó con un mortal; las Danaides cortaron la cabeza a sus esposos; Aquiles mató a Pentesilea y se unió a ella; Orestes luchó con la locura; Deméter vagó en busca de su hija Core; Core miró a Hades y se vio reflejada en los ojos de él; Fedra enloqueció por Hipólito; Fanse se dejó devorar por Zeus; los Cercopes se rieron de las nalgas de Heracles; la cazadora Cirene se unió a Apolo en forma de lobo; Zeus decidió exterminar a los héroes; Ulises vivió junto a Calipso; los Olímpicos bajaron a Tebas para participar en las bodas de Cadmo y Harmonía… Las bodas de Cadmo y Harmonía fueron la última ocasión en que los dioses del Olimpo se sentaron a la mesa con los hombres para una fiesta. Lo que ocurrió antes de entonces, durante años inmemoriales, y después de entonces, durante escasas generaciones, forma el inmenso árbol del mito griego.”

Imprescindible para helenófilos.

Para amantes dos mitos clásicos, -e non me refiro a que deus se liou con quen ou se vengou de quen- senon ó motor das suas accións, ás emocións máis primarias que son coma instintos. Unha ollada á mitoloxía entendendo como se pensaba en Grecia. 

Calasso ten publicada a súa esplendorosa obra en Anagrama



Estándar
Literatura, libros, letras

Sam Savage: El lamento del perezoso




Trata dun escritor e editor ó que todo lle vai mal, peor incluso. Pero el opón unha resistencia activa e creativa e o libro componse do seu testemuño da situación mediante calquera material escrito por el -incluso listas da compra. 
Savage pertence a ese selecto grupo de autores dos que podes abrir un libro seu ó azar e vas quedar marabillado coa sua escrita. Xenial!


Para mostra un botón…


“Apreciado señor Watts:
        Recibí su nota sobre la basura. Comprendo que no puedan recoger nada que no esté metido en bolsas o en receptáculos aprobados. Y sí, soy consciente de que esto mismo ya ha sucedido antes. No creo, sin embargo, que ello justifique el empleo de términos como “infractor reincidente”. Ni una sola de las veces en que ha ocurrido he dejado de acudir en persona a recogerlo todo. Si se pasa por allí ahora, verá que el número de cubos de basura es ya más que suficiente: hay tres, para ser exactos, a no ser que se hayan llevado alguno. No es culpa mía que no los utilicen.

Atentamente,
Andrew Whittaker”



E como sei que hai crise infórmovos de que o acaban de quitar en edición de peto.

Estándar