Artes varias: Ilustración,Literatura, libros, letras

1 2 3 poesía


Xa o dicía Oscar Wilde que ás veces poden pasar anos sen vivir en absoluto e, de súpeto, nun instante, concéntrase a vida. Pois cos libros e o cine pasa o mesmo, poden pasar tempadas sen ver nada impactante e logo dar con varias obras moi boas nun curto intervalo de tempo. Isto pasoume coa poesía, que admito que estaba moi desconectada dela pero casualidades varias acabaron guiándome a un feliz reencontro.

Dous libros son os que quero destacar neste post, en deles é Dessert Storm, escrito por Laura Luna, que trata sobre a deshumanización na violencia, pero cunha visión delicada e libre de cursilerías que vos vai cativar. Ademais é ideal para regalar porque é unha edición trilingüe galego-catalán-castelán. Cómpre destacar o formato pequeno e cadrado do libro, coma unha pequena xoia, acorde cunha maquetación máis que acertada e unhas fotografías dun corpo humano con pezas de “xogos” de guerra. Toda a parte visual corresponde é enxeño de José María Picón, artista do deseño e a ilustración, visionario en xeral. Por certo, que xa esgotaron a primeira edición..


dessert storm

Tédelos no facebook, e podedes botarlle un ollo no issuu.

E o outro libro é Emily on the Road, escrito por Ramón Blanco, ilustrado por Manuel M. Reino  e editado por Acha Escrava. Non é un poemario senón un único poema longo, no que nos conta a historia dun percorrido, “unha mestura de road movie e enterro aldeán“.  Cunha habilidade exquisita, homenaxeando a cada paso os máis grandes clásicos, que será unha delicia de lectura para os moi bibliófilos.

Para a promoción fixeron unha xira moi interesante, con representación acústica de Pablo Sax, un espectáculo -falo con coñecemento de causa- digno de ver.

Advertisements
Estándar
Artes varias: Ilustración

Lola Lorente, marabillosamente perturbadora


O meu bo amigo Rober -gran entendido en música e comics- falárame hai tempo desta autora, pero aí quedara o asunto ata que me atopei cara a cara con Sangre de mi sangre, nunha edición desas tan bonitas que Astiberri sabe facer. Este libro hai que collelo e levalo, e regalarllo tamén a algún ser querido, porque é unha pequena xoia, cuns trazos tan preciosos como sombrío e turbio é o contido. Haino que ver, ler e tocar porque é algo delicioso.

Sinopse (tirada da páxina de Astiberri): Dos adolescentes, grandes amigos, los mejores, preparan la fiesta más importante del año en la Urbanización Carnelia. Oscilando entre la realidad y la fantasía, entre lo ingenuo y lo perturbador, Sangre de mi sangre, una novela gráfica que ha necesitado de 4 años de trabajo para alcanzar su forma definitiva, indaga en la psicología de sus personajes, en sus sueños, sus recuerdos y, sobre todo, en las relaciones y jerarquías que se establecen en cada familia, en cada micromundo.

Todo neste libro me pareceu xenial, cautivador. As liñas son refinadas pero todo é moi fresco na súa factura, os personaxes todos moi ben definidos en cada detalle. Méteche dentro dunha forma feroz e consigue emocionar moito. É coma delicado e brutal a un tempo. Quedei moi pero que moi prendada desta autora e penso seguila ben de preto.

E para consultardes a páxina e o blog de Lola Lorente pinchade aquí e aquí, respectivamente.

Estándar
Artes varias: Ilustración,Literatura, libros, letras

Non é nova a miña devoción nin polo terror nin pola ilustración.

Cando descubrín o Poe de Alberto Vázquez -escrito por Sierra i Fabra e publicado en Zorro Rojo- quedei atónita, é un libro absolutamente marabilloso – aínda que iso xa o comentei no seu día no blog irmán deste.

Tamén de terror ten publicado en Astiberri La sombra sobre Innsmouth, pero ese está aínda na cola de espera do meu inabarcable feixe de libros… (mirade que bonitos os animaliños mariños cheos de dentes).

Estes días pasados andiven co Evangelio de Judas e con Psiconautas -ambos en Astiberri- e non teñen desperdicio…  Debo dicir que me rin moito-moito con eles. E o autor ten unha técnica brillante, a súa lucidez e honestidade son brutais e cando escribe é capaz dun emprego da linguaxe moi agudo, algo que non moitos debuxantes conseguen ó redactar.

Baseada en Psiconautas fíxose a curta Birdboy, que foi candidata ós Oscars o ano pasado, podedes ver o tráiler aquí. Eu aínda non a vin, pero seguro que é deliciosa. Non caerá polo Cineuropa? Iso estaría ben…

E xa vou calando e vos deixo unhas cantas imaxes para que gocedes como Cthulhu manda.


Isto é só un petisco, espero que o disfrutarades e teñades ganas de máis. Atoparedes máis info sobre Alberto Vázquez aquí e aquí.

E podedes comentar as súas obras en Redelibros: Psiconautas, El evangelio de Judas, Poe, La sombra sobre Innsmouth e Hop Frog.

Alberto Vázquez, brillante e polivalente

Aparte
Artes varias: Ilustración,Literatura, libros, letras

Aubrey Beardsley: La historia de Venus y Tannhäuser.




Con grandes doses de disparate e erotismo. Aubrey déixanos este gran libro, plagado de ilustracións -algunhas feitas para el e outras que foron engadidas, por exemplo algunhas que fixo para a obra Salomé de Oscar Wilde. 


La historia de Venus y Tannhäuser é a única obra que Aubrey Beardsley escribiu e está inacabada -morreu con só 25 anos- pero que legado!
Podedes atopalo en Hiperión

“¡Tannhaüser, pálido y sin habla por la excitación, pasó de manera brutal sus dedos ceñidos de gemas sobre los miembros divinos, rasgando camisa, calzón y medias, y luego, desnudándose él mismo de sus escasas prendas, cayó sobre la espléndida señora aliento profundo!.


Sé que es costumbre de todos los autores de romance pintar héroes que puedan dar sobrada prueba de su valentía a la dama, al menos veinte veces por noche. Pero Tannhaüser tenía semejante facilidad Gargantuélica y se sintió no poco aliviado cuando, una hora después, Priapusa, Doricourt y otros, irrumpieron borrachos en la habitación y reclamaron a Venus para ellos. Pronto el templete se llenó de una multitud ruidosa que apenas se podía mantener en pie. Algunos de los actores estaban allí y Lesfesses, que había interpretado tan brillantemente a Fanfreluche y todavía iba maquillado, le prestó una gran atención a Tannhaüser. Pero el actor le pareció al caballero poco interesante fuera del escenario y se levantó y cruzó la habitación hacia donde Venus y la manicura estaban sentadas.

– Qué aspecto tan cansado tiene el niñito- dijo Priapusa- ¿Lo pongo en su cunita?
– Bueno, si está tan dormido como yo, – bostezó Venus – no puedes hacer nada mejor.
Priapusa levantó a su señora de las almohadas y la llevó en sus brazos de manera agradable y maternal.
– Vamos niños, – dijo aquella cosa vieja y gorda – vamos, ya es hora de que ambos estéis en la cama.” (páxinas 115-116).




Imaxes tiradas de: 
edgarducasse.blogspot.com, victorianweb.org, wormfood.com, loyno.edu, babylonbaroque.wordpress.com.

Estándar