a persiana que rompeu

Imre Kertész: Kaddish por el hijo no nacido

Advertisements

Desafortunadamente, e por motivos alleos á súa evidente calidade literaria, hai varios anos que me distanciei de Kertész. Daquela incomodáronme unhas declaracións que lle lin nunha entrevista sobre a súa visión do conflicto Israel-Palestina. Deixei sen rematar “Liquidación” e iso que estaba gustándome moito pero é que eu era máis nova do que o son agora e hai tanto que aprender nesta vida… Reconciliarme co marabilloso talento de Kertész á marxe das nosas opinións en canto a política é unha materia pendente, e teño un bo feixe de nomes de autores xudeus na lista de libros a ler -debo dicir que a recomendación é dunha fonte cun criterio de calidade incuestionable.

Kertész é un escritor hábil, virtuoso, impactante. Ten unha biografía marcada pola traxedia e iso cálcase en cada palabra que emprega. A realidade atroz vólvese unha voz narrativa dura e contundente, variante, cuestionada, perdida, sen destino. A realidade da vida -sic-, que se volve intragable, que sedimenta no ánimo, que nos convirte nun interrogante, nun anaco de desamparo, de desarraigo. De tan duro que é que nos cuestionamos, que o narrador en si acaba comportándose coma un oxímoron. Por que sobrevivimos e que somos? E agora que pasa?

“(…) por medio de la escritura busco el dolor, el dolor más intenso, casi insoportable, seguramente porque la verdad es dolor, y la respuesta a la pregunta sobre qué es el dolor (…) es muy sencilla: la verdad es lo que consume.”

 
Advertisements

Advertisements