Literatura, libros, letras

Imre Kertész: Kaddish por el hijo no nacido


Desafortunadamente, e por motivos alleos á súa evidente calidade literaria, hai varios anos que me distanciei de Kertész. Daquela incomodáronme unhas declaracións que lle lin nunha entrevista sobre a súa visión do conflicto Israel-Palestina. Deixei sen rematar “Liquidación” e iso que estaba gustándome moito pero é que eu era máis nova do que o son agora e hai tanto que aprender nesta vida… Reconciliarme co marabilloso talento de Kertész á marxe das nosas opinións en canto a política é unha materia pendente, e teño un bo feixe de nomes de autores xudeus na lista de libros a ler -debo dicir que a recomendación é dunha fonte cun criterio de calidade incuestionable.

Kertész é un escritor hábil, virtuoso, impactante. Ten unha biografía marcada pola traxedia e iso cálcase en cada palabra que emprega. A realidade atroz vólvese unha voz narrativa dura e contundente, variante, cuestionada, perdida, sen destino. A realidade da vida -sic-, que se volve intragable, que sedimenta no ánimo, que nos convirte nun interrogante, nun anaco de desamparo, de desarraigo. De tan duro que é que nos cuestionamos, que o narrador en si acaba comportándose coma un oxímoron. Por que sobrevivimos e que somos? E agora que pasa?

“(…) por medio de la escritura busco el dolor, el dolor más intenso, casi insoportable, seguramente porque la verdad es dolor, y la respuesta a la pregunta sobre qué es el dolor (…) es muy sencilla: la verdad es lo que consume.”

 
Advertisements
Estándar

One thought on “Imre Kertész: Kaddish por el hijo no nacido

  1. Hola. Interesante blog. Compartimos a terra galega (aínda que eu escribo maioritariamente en castelán, por unha cuestión de hábitos) Acabo de nominarte para o premio Blogger Recognition Award 2018 (vaia que teñen un nome enrevesado estas nominacións). Non son moi dada a comentar nos blogs nin a nominar (máis que nada por falta de tempo) pero unha vez que decidiron nominarme a mín, vinme diante da premisa de nominar a miña vez varios blogs que me parezcan de calidade e, por iso, opto por incluir o teu. Parabens por o seu contido.

    O premio non é nada, pero sempre axuda a dar visibilidade e a coñecernos e acercarnos un tantiño máis.

    Nas túas mans queda acceder a nominación no seguinte enlace o meu blog.

    https://lascosasqueescribo.wordpress.com/2018/10/22/nominada-para-el-blogger-recognition-award-2018/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s