Amizades turbias e outros males afíns

Amizades turbias e outros males afíns


O nome desta entrada é o título dunha nova sección na que levaba algún tempo pensando, vai tratar sobre os falsos amigos:

“Un falso amigo (ou falso cognado) é unha palabra doutros idiomas que se parece (na escritura ou na pronunciación) a unha palabra na lingua materna do falante, pero que ten un significado diferente. Moitos dos falsos amigos débense a unha etimoloxía común que derivou en significados distintos en cada lingua.”

Galipedia dixit

Son un fenómeno curioso, que pode dar lugar a situacións curiosas e anécdotas divertidas ou a finais tráxicos derivados de ofensas vingadas (pero isto pasa pouco, afortunadamente). En calquera dos casos son un gran argumento que nos baixa os fumes durante a aprendizaxe doutros idiomas e que nos fai ver o valioso patrimonio inmaterial que supoñen as diferentes linguas do mundo.

Entre as anécdotas de primeira man teño un par co portugués. A primeira vez que estiven en Lisboa unha coñecida contounos o que lle pasara cun camareiro dun restaurante, que se lle achegou e coa carta na man preguntoulle “Perceve?” ó que a rapaza asentiu e contestou “Sí, ¿Por qué no?” pensando que lle estaba ofrecendo a especialidade do día, cando lle preguntaba se entendía o idioma.

Na mesma viaxe eu ía ver a “Casa dos Bicos” e esperaba que tivese algunha lenda en torno a “bicos” de algún tipo, cando o que tiña era unha fachada con decoración sobresaíndo en forma de diamante, porque para ser o que eu esperaba terían que ser “beijos“.

E falando de fachadas, lembro a unha compañeira dun curso de inglés que pasou algo de apuro durante unha exposición oral na que falaba -in English- sobre un roteiro cultural por Salamanca. “Facade” é a voz inglesa -pero de procedencia italiana- para falar da cara principal dun edificio. Ela consultouno no diccionario e procedeu ó speech, ata que o mestre a interrompeu e lle advertiu da súa pronuncia, que literalmente estaba sendo entendida como “Fuck Aid“.

Xa sei que isto non era un “false friend” por iso o de “e outros males afíns” nos que terán cabida confusións interlingüínsticas que a min me parezan oportunas. E xa que rompímo-lo xeo, vamos con outra. Se estades vendo a serie estadounidense “Modern Family” saberedes que un dos personaxes principais -Gloria- é de orixe colombiana, e hai un capítulo moi gracioso -todos o son pero este ademais é acaído- no que se comentan os recorrentes malentendidos derivados da súa incorrecta pronuncia. No video que enlazo aquí vese como Gloria acaba encargando uns “Baby Jesus” cando o que quería eran “Baby Cheeses”.

E xa remato con este etiqueta dunha prenda de roupa:

Onde unha errata na forma inglesa (pon cool iron onde debera ir cold iron, pranchado en frío) deriva nunha irrisoria traducción ó español: HIERRO CHULO.

E ata aquí chegou.

PD: por suposto son benvidas as vosas anécdotas.

Advertisements
Estándar
Literatura, libros, letras

Imre Kertész: Kaddish por el hijo no nacido


Desafortunadamente, e por motivos alleos á súa evidente calidade literaria, hai varios anos que me distanciei de Kertész. Daquela incomodáronme unhas declaracións que lle lin nunha entrevista sobre a súa visión do conflicto Israel-Palestina. Deixei sen rematar “Liquidación” e iso que estaba gustándome moito pero é que eu era máis nova do que o son agora e hai tanto que aprender nesta vida… Reconciliarme co marabilloso talento de Kertész á marxe das nosas opinións en canto a política é unha materia pendente, e teño un bo feixe de nomes de autores xudeus na lista de libros a ler -debo dicir que a recomendación é dunha fonte cun criterio de calidade incuestionable.

Kertész é un escritor hábil, virtuoso, impactante. Ten unha biografía marcada pola traxedia e iso cálcase en cada palabra que emprega. A realidade atroz vólvese unha voz narrativa dura e contundente, variante, cuestionada, perdida, sen destino. A realidade da vida -sic-, que se volve intragable, que sedimenta no ánimo, que nos convirte nun interrogante, nun anaco de desamparo, de desarraigo. De tan duro que é que nos cuestionamos, que o narrador en si acaba comportándose coma un oxímoron. Por que sobrevivimos e que somos? E agora que pasa?

“(…) por medio de la escritura busco el dolor, el dolor más intenso, casi insoportable, seguramente porque la verdad es dolor, y la respuesta a la pregunta sobre qué es el dolor (…) es muy sencilla: la verdad es lo que consume.”

 
Estándar