Literatura, libros, letras

Sam Savage: Firmin


Este é Sam Savage

A reputación que ten a editorial Seix Barral entre os lectores non vén da nada, teñen un gran talento para detectar a calidade á hora de escoller o que publican. E por isto nos trouxeron a Sam Savage.

O éxito de Firmin foi toda unha mostra de como funciona o boca a boca, da rendición do público á calidade. É un libro estupendo para regalar case a calquera, para bibliófilos é un triunfo asegurado.

“Lo que bien se come, bien se lee.”

Firmin é a historia dun ser ó que os instintos alimenticios máis primarios levan a botarlle a boca -desesperadamente- ós libros.  Pero a boca está tan preto dos ollos… e o amor entra a través dos sentidos sen que se queira, sen esperalo, incluso aínda que se opoña resistencia. E así esta toma de contacto derivará nunha relación apaixoada e irremediable.

Cito:


“¿Oigo risitas? Supongo que a ojos de usted, esto es más bien un vulgar caso de adicción, o quizá el cuadro sintomático de un lamentable desorden obsesivo-compulsivo, y sin duda que acierta. Y, sin embargo, el concepto de adicción no es lo suficientemente rico, lo suficientemente profundo, para describir esta hambre. Yo preferiría llamarlo amor. Incipiente quizá, pervertido incluso, sin duda no correspondido, pero, así y todo, amor.”

O libro perfecto!!

marcapáxinas recto
marcapáxinas verso
Imaxes tiradas de: blog.editorialcm.es, lalibreriadejavier.com, coverbrowser.com, theassylum.wordpress.com, 123nonstop.com.
Advertisements
Estándar

One thought on “Sam Savage: Firmin

  1. Este libro foi un dos agasallos do Nadal. Cando estaba esgotado. A persoa que mo regalou desfrutou tanto coa lectura, que quixo que por riba de todo eu coñecese a historia de Firmin. Unha lectura moi, pero que moi recomendable.

Deixa unha resposta a filispines Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s